Oficina de
Software Libre
da Universidade de Vigo

English
Galego
Español


XUNTA UVIGO

Novas

Xornadas de Empresa e Software Libre na Coruña 27.10.2011

A Oficina de Software Libre da Universidade de Coruña organiza unhas Xornadas de Empresa e Software Libre os vindeiros 8 e 9 de novembro. Nestas xornadas, participan destacadas empresas do sector do software libre en Galicia, como Igalia, Quobis ou Redegal, entre outras. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer ós futuros profesionais galegos o software libre como unha proposta de calidade ó afrontar un proxecto empresarial. Máis Información: [Ligazón][Ler máis]

 

Pau García-Milá, fundador de EyeOS na presentación do proxecto NACCE 21.10.2011

Pau García-Milá, fundador de EyeOS estivo o pasado mércores en Ourense na presentación do proxecto NACCE. EyeOS trátase dun escritorio web open source que constitue un dos máis grandes proxectos de código aberto en Europa, con comunidades activas por todo o mundo.   Máis información: [www.eyeos.org] [Ler máis]

 

Conferencia Galpón - Mulleres no software libre - 19 outubro 14.10.2011

O vindeiro mércores 19 de outubro, no salón de grados da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións do Campus de Vigo, contaremos coa presenza de Miriam Sánchez coa ponencia Mulleres no Software Libre Esta conferencia está organizada pola asociación de usuarios de linux galpón e conta coa colaboración da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións. Para mais información: [Ligazón][Ler máis]

 

 


Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo